
Claro e seguido 3. Comprensión escrita: Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua
Claro e seguido é unha proposta metodolóxica para desenvolver as capacidades lingüísticas fundamentales (escoitar, falar, ler e escribir) que lle dejen ao alumnado mellorar a súa competencia comunicativa. Unha proposta que quere ser versátil, en canto que inclúe máis de duascentas actividades con el fin de que o profesorado escolla ou adapte aquelas que máis se axeiten ao seu estilo docente e ao seu contexto académico particular (secundaria obrigatoria, agrupamentos concretos, obradoiros de comunicación, obradoiros de expresión escrita, educación de adultos…). Con todo, este material non foi deseñado como un conxunto de actividades illadas, senón como un sistema de ensino-aprendizaxe que contesta a unha orientación programática da área de lingua focalizada nos procedementos, que entende a asimilación de contidos lingüísticos non como un fin en si mesmo, senón como un medio para acadar ou mellorar a competencia comunicativa. Claro e seguido preséntase en catro cadernos: «Comprensión oral», «Expresión oral», «Comprensión escrita» e «Expresión escrita», deseñados con similar estrutura expositiva.
Editorial: EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Autor: COLECTIVO
Comprar Claro e seguido 3. Comprensión escrita: Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua
El Corte Inglés Amazon Todos tus Libros Casa del Libro Agapea Iberlibro Carrefour Fnac